 |
Félix Rodríguez Director Técnico da Federación Galega de Esgrima. |
|
| Presentación |
Bienvenidos á Web da federación galega de esgrima. Dende este espazo queremos mostrarvos todos os datos relativos á esgrima en Galicia, como os resultados dos diferentes rankings e campionatos galegos, así como os obtidos polos nosos tiradores nos campionatos nacionais e internacionais. Mostramos tamén o calendario de actividades e moito máis.
Queremos animarvos a que coñezcades a esgrima e por iso queremos facilitarvos os medios para que podades achegarvos a ela e para informarvos e que gocedes deste marabilloso deporte. Un deporte cuxos inicios nesta comunidade remóntanse a principios do século XX, concretamente na Coruña, sendo na sala Calvet ( punto de orixe do actual Deportivo da Coruña ) e con este mestre con quen comeza e arraiga entre os coruñeses a afección á esgrima. Posteriormente en zonas militares como Ferrol, Lugo...
A mediados dos 60 e ata os 70 o Mestre Enrique García destinado pola R.F.E.E. relanza a esgrima coruñesa con campións nacionais como as irmás Taboada, Felipe García e Julio Dequidt. A partir de mediados dos 70 en que son destinado na Coruña pola R.F.E.E., consolídase a esgríma na cidade obténdose outra serie de títulos nacionais, como os conseguidos polo Club Sta. María do Mar, Ramón Cabanillas, Francisco Pueyo, Ramiro Bravo, Manuel Villadoniga, Marta Varela ou Juan López Borrazás e que culminan no 92 coa participación de Ramiro Bravo na Olimpiada de Barcelona e a súa posterior obtención no 93 do Campionato do Mundo de mestres.
A continuación desta data e con tres novos mestres ( Bravo, Pueyo e Villadoniga ) e unha serie de monitores, reiniciamos un proceso de asentamiento e expansión pola Comunidade que permite na actualidade practicar este deporte non só na Coruña senón tamén en Ferrol, Santiago e Vigo. O Século XXI iníciase pois, cunha serie de novos elementos que xa conseguiron medallas en competicións nacionais: os irmáns Diego e María Dequidt, Ignacio Rodríguez, Antón Carballo ou Miguel Díaz-Pache, así como os obtidos en espada feminina polo equipo Galego con Ruth Ballesteros, Rosa Cano e Marta Varela.
Por todo iso, esperamos que este Web sexa referente para atopar un deporte que satisfaga as vosas necesidades e que cumpra tamén a súa función para os que xa o coñecen e gozan del.
Un saúdo, |
|