Sirva como ilustración, e utilizando un deporte, a esgrima, no que inciden pola sua complexidade, unha grande cantidade de factores físicos e psicolóxicos que son consecuencia das suas características.
- É un deporte de loita, o que implica unha conducta de agresión.
- É hemilateral; incide máis sobre un hemicorpo e polo tanto comporta determinadas alteracións na estática (escoliose, asimetrias, etc).
- É frustante porque non se vence sempre.
- Como todo deporte pode producir as suas "lesións propias" (epicondilites, desgarros de addutores, etc.), independentemente dos que o risco da competición ou o entrenamento acarrean (roturas, fracturas, etc.)
- O calendario deportivo é moi prolongado (de xaneiro a Xullo existen aproximadamente quince competicións autonomicas, nacionais e internacionais), cunha duración de oito a dez horas por cada torneo, no que se suceden asalto (4´) e descanso (10´). Isto último implica pasar dun estado de máxima tension a outro de máxima relaxación durante un período de tempo moi prolongado nun mesmo día e durante bastantes días ao ano.
- A vida deportiva dun tirador de esgrima pode prolongarse por espacio de vinte ou vintecinco anos, con dedicación case absoluta.
|