XVIII Torneo de Copa do Mundo Cidade da Coruña
Información xeral

O Torneo "Cidade da Coruña" é unha competición internacional de esgrima de máxima calificación, puntuable para a Copa do Mundo, a Florete Masculino Absoluto.

Os días 18, 19 Y 20 de Febreiro celebrarase no Polideportivo Municipal da Sagrada Familia a XVIII edición desta competición.

Características técnicas

A competición individual desenvolverase segundo o Regulamento FIE, e constará dunha fase clasificatoria o venres día 18 por Poules, (grupos de 7 tiradores), da que estarán exentos os 16 primeiros da Copa do Mundo, seguida dun cadro de eliminación directa de 128 tiradores, ata que queden en liza 48 tiradores que, unidos ós 16 exentos, conformarán o cadro de eliminación directa de 64 tiradores que se disputará o sábado día 19, ata a determinación do vencedor.

A competición por equipos, constará dunha fase de eliminación directa, utilizando a clasificación previa da competición individual, para outorgar as cabezas de serie de todos os equipos participantes. os tocados de cada equipo iranse sumando ata alcarzar a cifra de 45 tocados o que marcará o fin do encontro, o ben o remate do tempo límite.

Cando se chegue a cada tramo de múltiplo de 5 tocados, entrarán dous novos tiradores de ambos equipos (3 tiradores por equipo), de maneira que todos os compoņentes dun equipo enfrontaranse con todos os seus opoņentes.

Lugar de celebración
A competición celebrarase no Polideportivo Municipal da Sagrada Familia, un recinto de recente construcción e perfectamente adaptado para esta proba.
Torre de Hércules
Tiradores
x-11
Tiradores
Tiradores
Ayuntamiento de La Coruña FIE RFEE FGE t
 
Introducción Mapa do sitio Contacto Introducción Axenda Registro A Cidade O torneo Castellano Galego