En 1987 a FIE otorgou á competición a categoría internacional B (non puntuable para a Copa do Mundo). Durante esta fase pasaron de forma reiterada por esta competición equipos nacionais como os de Italia, Gran Bretaña, Cuba, Francia, Polonia ou Israel. A excelente organización destas edicións levó a que en 1994 a Federación Internacional, tras a presentación previa da súa candidatura, conced selle a Categoría A e, por ende, que fose puntuable para a Copa do Mundo, xunto ás competiciós organizadas en cidades de larga tradición coma, París, Venecia, Bonn, A Habana, Viena, Budapest, etc., que xunto á organizada na Coruña conformaron anualmente o Ranking Mundial, Copa do Mundo, dende ese intre.
En 2004 o "Cidade da Coruña" obtivo a Categoría de GRAND PRIX, torneo do máximo nivel mundial, só superado polo campionato do mundo e os Xogos Olímpicos. Este Torneo ten dobre puntuación que o resto de torneos de Copa do mundo, e só dúas cidades Europeas organizan unha competición de este nivel: París e A Coruña.
A edición de 2010 celebrase coa categoría de Internacional A. |