O Torneo "Cidade da Coruña" é unha competición internacional de esgrima categoría A, puntuable para a Copa do Mundo, a Florete Masculino Absoluto.
Os días 6 e 7 de Febreiro celebrarase no Pavillón dos Deportes da Sagrada Familia a XVII edición deste torneo.
Nesta edición espérase unha participación cercana ó centenar de tiradores, duns 20 países aproximadamente. |
A proba desenvolverase segundo o Regulamento FIE, e constará dunha fase clasificatoria o sábado 6 por Poules da que estarán exentos os 16 primeiros da Copa do Mundo, seguida dun cadro de eliminación directa de 128 tiradores, ata que queden en liza 48 tiradores que, unidos ós 16 exentos, conformarán un cadro de eliminación directa de 64 tiradores que se disputará o domingo 7, ata a determinación do vencedor.
|