| Hoteis |
| Información sobre os hoteis recomendados e enlaces para realizar reservas on-line. |
 |
Hotel Barceló Coruña **** |
|
O Hotel Barceló Coruña é un hotel novo, construído en 2004. Situado na zona de Matogrande, á entrada da cidade, encóntrase a 5 km do aeroporto, 2 km do centro da Coruña, 1 km do palacio de congresos, 400 m. dunha parada de autobus. Edificio moderno, funcional e vangardista. Ideal para viaxes de negocios ou vacacional.
Entre os seus servizos destacamos o restaurante galego, bar, servicio de habitaciós, habitacións con secador e teléfono en baños, minibar, TV satélite, internet, 6 suites e 6 junior suites con plancha de pantalóns; planta premium con jacuzzi e terraza. |
|
 |
Hotel AC Coruña **** |
|
|
As habitacións están dotadas de baño con secador de pelo, teléfono de líña directa, radio, conexión a Internet, minibar-nevera e calefacción central. |
|
 |
Hotel Riazor *** |
|
Nunha envidiable situación a pé de praia no mesmo centro da Coruña, o Hotel Riazor ten todas as posibilidades da nosa maravillosa cidade ós seus pes. En menos de cinco minutos paseando pode chegar ó Estadio de Riazor, ó Pazo de Congresos, ó Auditórium da Opera, ó Concello, ás rúas comerciais e peatonais da principal zona de negocios, e ós diferentes museos da Coruña.
Se o que desexa é darse un baño na praia, tan só ten que cruzar o Paseo Marítimo.
Confortables habitacións equipadas con: baño, secador de pelo, teléfono directo, conexión a P.C., hilo musical, televisión interactiva con recepción de canles vía satélite, CNN e Canal +, mini-bar, ... |
|
|
|
|
|
|
|