XVI Torneo de Copa do Mundo Cidade da Coruña
Introdución

O municipio da Coruña encóntrase situado no extremo noroccidental de España e forma parte da Comunidade Autónoma de Galicia. É unha cidade atlántica con clima suave.

O municipio ocupa unha superficie de 36,8 Km2. e alcanza os 243.785 habitantes, cunha densidade de 6.624 habitantes por km2. Dada a escasez de solo e a necesidade de lugares de esparcemento urbano fai que éste sexa máis rentable como solar edificable, determinando que as superficies dedicadas á actividade agrícola e industrial se traladen actualmente ós municipios limítrofes da Coruña. Sen embargo, o seu carácter de municipio costeiro otorga á Pesca unha grande importancia (máis que polos seus postos de traballo directos, polos indirectos que esta actividade xenera noutros sectores). Todo isto fai que o sector Servizos sexa o predominante na cidade, constituíndose no centro económico e cultural da área ou bisbarra circundante e que funcionalmente xoga o papel de unha metrópoli rexional. A súa influencia maniféstase non só na bisbarra, senon tambén en toda a comunidade.

Nas últimas décadas producíronse diversos cambios na súa estructura: comparte diversas funcións administrativas e reduciu outras militares, reforzando a súa estructura empresarial e de negocios, destacando en diversos subsectores: finanzas, comunicación, distribución e rede comercial, industria manufactureira, sede rexional do terciario profesional e dos servizos avanzados, sumándose tamén a importancia da actividade portuaria (principal porto de Europa en canto a pesca fresca desembarcada) e auxe na actividade do puerto comercial (petróleo e graneles sólidos que son o 75% do tráfico portuario galego).

Nos últimos anos relanzouse a cidade coa mellora dos accesos, o aumento da súa infraestructura cultural, deportiva, de ocio e científica, mellora e rehabilitación do entramado urbano, recuperación do bordo marítimo e potenciación do sector turístico. Todo iso reafirma o carácter de cidade administrativa, comercial, portuaria, cultural e turística que xa tradicionalmente tiņa.

Vista nocturna do porto
Torre de Hércules
Cidade Vella
Xardíns de Méndez Nuñez
A Torre
Palacio de María Pita
Fonte dos surfistas
Vista do porto
Ayuntamiento de La Coruña Ayuntamiento de La Coruña FIE RFEE FGE
 
Introducción Mapa do sitio Contacto Introducción Axenda Registro A Cidade O torneo Castellano Galego