XV Torneo de Copa do Mundo Cidade da Coruña
Información xeral

O Torneo "Cidade da Coruña" é unha competición internacional de esgrima categoría A, puntuable para a Copa do Mundo, a Florete Masculino Absoluto.

Os días 2 e 3 de Febreiro celebrarase no Pavillón dos Deportes da Sagrada Familia a XV edición deste torneo.

Nesta edición espérase unha participación cercana ó centenar de tiradores, duns 20 países aproximadamente.

Características técnicas

A proba desenvolverase segundo o Regulamento FIE, e constará dunha fase clasificatoria o sábado 2 por Poules da que estarán exentos os 16 primeiros da Copa do Mundo, seguida dun cadro de eliminación directa de 128 tiradores, ata que queden en liza 48 tiradores que, unidos ós 16 exentos, conformarán un cadro de eliminación directa de 64 tiradores que se disputará o domingo 3, ata a determinación do vencedor.

Estadio
A competición celebrarase no pavillón dos deportes da Sagrada Familia, un recinto de recente construcción e perfectamente adaptado para esta proba.
Torre de Hércules
Tiradores
Fonte dos surfistas
Tiradores
Vista do porto
Tiradores
Ayuntamiento de La Coruña Ayuntamiento de La Coruña FIE RFEE FGE
 
Introducción Mapa do sitio Contacto Introducción Axenda Registro A Cidade O torneo Castellano Galego